Monday 29 de April de 2024

‘Do Camiño Vivido’ chega a Ordes esta fin de semana


 

Este programa cultural desenvólvese nos concellos polos que transcorre o Camiño Inglés. Nesta segunda edición a creatividade téxtil e a danza invadirán o Museo do Traxe e a alameda respectivamente

Ao longo dos próximos días Ordes acollerá a segunda edición do programa Do Camiño Vivido 2019. A instalación artística creada por María Marticorena quedará instalada mañá venres, 12 de abril, de 9 a 14 e de 16.30 a 18.30 horas no Museo do Traxe. Esta consistirá na confección de traxes de peregrinos para, posteriormente incluílos nunha performance na que, entre outros obxectos, tamén incluirá patíns.

A segunda e última das citas terá lugar este sábado arredor das 19 horas. Neste caso a danza contemporánea, o teatro e a música experimental invadirá este céntrico espazo da man de Pisando Ovos (Ruth Balvís e Jash Processor). Pezas experimentais na que un dejay e unha bailarina danse a man creando un códico de comunicación vangardista e único capaz de transformar o son e o movemento.

Do Camiño Vivido é unha iniciativa desenvolvida ata o mes de xuño pola Deputación da Coruña nos municipios de Ordes, Narón, Culleredo, Oroso e Betanzos. O punto de conexión entre todos eles é O Camiño Inglés, escenario para esta “festa da cultura contemporánea” aberta á cidadanía que se completa con máis de media ducia doutras tantas intervencións creativas e artísticas que pasan polo teatro, demostracións de cociña, funambulismo, circo ou música. Ademais dos xa mencionados Natasia Zürcher, Blues do País, Ser Danza, Paula Quintas, a Compañía Traspediante, Guillermo Pérez, Francisco Kike Piñeiro sairán tamén á rúa para difundir e achegar o patrimonio e valor cultural que existe a carón do Camiño Inglés.